Visita de Miguel Anxo Seixas ao CEIP da Almáciga.

Visita de Miguel Anxo Seixas ao CEIP da Almáciga.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2026.

Esta mañá o presidente da Fundación Catelao, Miguel Anxo Seixas Seoane, foi entrevistado por dúas alumnas do CEIP da Almáciga, en Santiago de Compostela, para o proxecto de radio escolar do centro e que leva por nome Radio Vagalume.

A visita forma parte da axenda do presidente da FC no ano de conmemoración dos 100 anos da publicación de Cousas, de Castelao.

[ A difusión e participación da Fundación Castelao nesta actividade conta co apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña ]