A Fundación Castelao conta cun arquivo sobre as reivindicacións e interpretacións (e as manipulacións) que se fixeron e se seguen a facer da figura e da obra de Castelao.
O traballo de investigación levado a cabo pola Fundación Castelao tenta recompilar a vixencia da figura de Castelao convertido en símbolo en diversos soportes.
Ademais estase a recompilar a bibliografía pasiva e activa: a Bibliografía retrospectiva, é todo o que Castelao escribiu e publicou durante toda a súa vida. O segundo fondo é a Bibliografía en curso, a recompilación do que se publicou sobre el e que continúa a se publicar constantemente.
La Fundación Castelao lleva a cabo esta actividad gracias a la financiación de la Diputación Provincial de A Coruña (programa FO200).